.....::
fonte.es
2020-04-22
|
||||
Gráficas da Covid-19 en CovidistVou facer publicidade desta páxina web que se dedica a facer análises de datos da Covid-19. Chámase covidist.com e ten a súa sé en California. Nela pódense consultar as gráficas da evolución desta pandemia en calquera país do mundo en tempo real. Ten versión para pantallas grandes e tamén para móbiles. Tamén permite descargar as imaxes en formato png, jpg, documento pdf e trazado vectorial.
Pulsa sobre a imaxe para entrar en covidist.com
A páxina ofrece comparativas por países e incluso por rexións mundiais (Europa, Asia, América...). Permítese a selección de conxuntos de países ou ir un por un. Os parámetros máis importantes que ofrece son: casos totais, casos activos, recuperacións, falecementos e taxas de infección, mortalidade, casos diarios, etcétera, tanto en valor neto como tamén en porcentaxe poboacional.
Se escollemos no menú un país calquera, podemos atopar incluso máis información sobre a súa situación particular. Aparte dos datos anteriores, podemos coñecer prognósticos a curto e a medio prazo para saber como vai indo a propagación e se van dando resultado as medidas paliativas tomadas polas autoridades sanitarias. Para elo sérvese de informes de mobilidade que extrae de datos de Google. Para facer as previsións a medio prazo utiliza a técnica que presentamos en fonte.es e que aparece baixo a pestana titulada "Infection Estimate". Tiveron a xentileza de poñer nos créditos unha mención ao artigo que publicamos e que están empregando para as súas previsións: https://covidist.com/privacy.
Esperemos que estas ferramentas técnicas sirvan de axuda para tomar decisións acertadas de cara ao control eficaz da Covid-19.
|