-- Principio del fotograma -->
As praias da Pedra do Sal, Baldaio e Razo localÃzanse na Costa da Morte coruñesa e pertencen ao concello de Carballo. Son praias de area moi fina, con auga de cor verde-azulado intenso. Dan ao mar aberto, polo que son moi vivas e teñen intensa oleaxe o que permite practicar deportes náuticos variados. No verán, co vento manso, son máis tranquilas.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
à tardiña, canda o solpor, é o intre ideal para un paseo pola dourada area que relaxa os sentidos e acouga o ánimo.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
O nome de Pedra do Sal ten unha orixe natural: nas rochas do litoral hai fochancas elevadas onde se acumula a auga do mar nos temporais e que despois seca co sol e a brisa durante o verán. É de supoñer que no pasado a xente recollÃa alà o sal para consumilo. Actualmente non é moi recomendable facer iso polos restos orgánicos non desexados que puidera conter.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
En Pedra do Sal hai servizo de restauración, aparcamento e camping. Ao carón está a aldea de Imende cunha morea de preciosas casiñas.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
Nesta foto vese a extensión da praia Pedra do Sal. Camiñando cara o oeste, pasamos por unha lomba chea de herbas espigadas e plantas crasas tÃpicas da costa galega: un auténtico espectáculo de cores pastel!
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
Vista do pobo de Imende dende o alto do colado.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
A Pedra do Sal coa marea baixa, na tardiña, cando a xente xa recolle o equipo.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
Un contraluz mentres o vento bate e a herba abanea...
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
Velaquà amósase un solpor mirando contra a praia de Baldaio. O artista percibe contrastes de luz e cor onde se mesturan azuis, amarelos, laranxas, verdes oliva e pistacho e marróns que se intercalan e degradan fluidamente, con profunda harmonÃa.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
E, máis tarde, o Sol tórnase roxo. Case parece un punteiro láser reflectido nas augas do Atlántico.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
Contra o norte, un horizonte con aires cargados de friaxe.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
Moi orgullosos están os do concello de Carballo do seu sistema de reciclaxe de vidro. Pero, por que só vidro?
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
En canto o canso Sol se agocha, a Lúa érguese chea. Tan chula! Mesmo parece que vén acompañando ao coche que se aproxima lentamente pola estrada.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
Este é o mapa onde se aprecia a situación das tres praias e a súa lonxitude. Constitúen o terceiro areal máis longo de Galicia (a praia de Corrubedo é a primeira clasificada cun total de 5,7 km; a segunda é a de Carnota con 5,5 km). Tamén vemos a lagoa de Baldaio que parece viva, coma respirando. Hincha coa marea alta e baléirase coa baixamar. Un letreiro sinala que está prohibido bañanse nela.
-- Fin de fotograma -->
-- Principio del fotograma -->
Finalizo esta escolma de fotos cunha vista aérea. A zona é un espazo natural protexido, especialmente para aves. A marisma e a lagoa son lugar de paso para moitas especies migratorias e residencia doutros animais ameazados. Unha empresa explotou este areal a finais da ditadura e, despois dunha longa loita social e xudicial, foi devolta aos veciños. AÃnda se notan os estragos causados daquela.
-- Fin de fotograma -->