.....::
Fonte.es
|
||
|
||
Índices de evolución da covid en Galicia
Susceptibilidade Este parámetro é un indicador da evolución dunha doenza contaxiosa. Valores positivos da susceptibilidade indican que a epidemia avanza, mentres que valores negativos indican que retrocede. A susceptibilidade pode interpretarse como o número de persoas que son propensas a infectarse menos as que se curan nun momento dado. A susceptibilidade tamén se pode considerar como un parámetro proporcional á derivada de casos activos respecto do tempo, polo que podería medir a "velocidade" coa que prospera ou remite a enfermidade contaxiosa. A fórmula matemática que empregamos para calculala é a seguinte: S(t) = (Rt - 1)·A(t)
Prevalenza Cuantifica a proporción de persoas nunha poboación que teñen unha doenza ou calquera outro tipo de suceso, nun determinado momento. A prevalenza dunha doenza calcúlase dividindo o número total dos individuos que presentan a enfermidade nun momento (os casos activos), entre a poboación nese intre.
Letalidade
Táboa de valoración de riscos
Índice reprodutivo R7 O índice reprodutivo -considerado a 7 días- marca unha tendencia promediada da evolución dos contaxios. Este parámetro aparece en forma de expoñente nos modelos matemáticos que representan o xeito de propagarse a enfermidade. Polo tanto, ao ser un expoñente dunha potencia, se o seu valor é maior que 1 é que cada vez hai máis contaxios, e se é menor ca 1 que hai menos. Cando hai un repunte o seu valor soe pasar de 1,5. Nas etapas de melloría sitúase entorno a 0,6. Non debería tomar nunca o valor cero nin negativos.
Índice reprodutivo nas áreas sanitarias galegas
Evolución do número de probas PCR e de antíxenos en Galicia
Evolución da positividade nas probas PCR
Evolución dos contaxiados activos nos últimos meses
|