.....::
fonte.es
2015-05-17
|
||||
Un experimento liderado por investigadores galegos acada repercusión mundialA Física feita en Galicia ben merece un aturuxo. Xa coñecemos o ano pasado que o premio ao mellor físico xove de Europa recaeu sobre o focense Diego Mártínez Santos (cabe sinalar que o capital recibido por este mérito foi de 1000 euros, doados pola European Physical Society (EPS), e que o goberno non lle facilitou ningún tipo de apoio económico á súa investigación). Pois agora ven de publicar a prestixiosa revista Nature o experimento do que versou a súa tese doutoral: a desintegración dunha estrana familia de partículas mesónicas chamadas "B". Bs0→ µ+µ- O experimento foi realizado durante estes últimos 5 anos en Xanebra, no LHCb do CERN, e está formada por máis de 700 científicos de 69 centros de investigación en 17 países. España lidera esta investigación con dous equipos, un do ICCUB (Institute of Cosmos Sciences, da Universidade de Barcelona), e outro da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Detrás do grupo de investigación galego están os prestixiosos profesores Carlos Pajares Vales (delegado científico de España no Consello do CERN, onde ten relación co LHC e participa no consello de administración) e Fernando Adeva Andany (xefe do proxecto de altas enerxías da USC no CERN). Investigadores como Jose Angel Hernando e Xabier Cid tamén traballaron nesta desintegración, especialmente na identificación de múons. A análise dos datos foi necesario o uso de software para distinguir un pequeno sinal tal entre os millóns de colisións que se producen no LHC, así como extensa utilización de mostras de control.
Outra contribución española, neste caso do CIEMAT, foi a produción do 25% das cámaras detectoras, lugar onde a parella de muóns resultado da desintegración son detectados para poder medirlles algunhas das súas características. En total, 200 científicos e técnicos implicados nos experimentos do LHC españois foron apoiados polo Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN). Artigos relacionados: O artigo completo na revista Nature: https://www.nature.com/nature/journal/vaop/ncurrent/full/nature14474.html Repercusións na prensa: https://francis.naukas.com/2015/05/14/por-fin-el-lhc-publica-en-nature/
|