.....::
fonte.es
2019-08-07
|
||||
Un xeito máis doado de multiplicarXa sei que sería máis atractivo poñer un vídeo dunha cantante famosa ou dalgún langrán espetándose contra un carballo. Pero no mundo hai outras cousas que poden ser interesantes. Nesta ocasión propóñovos o reto de aprender unha forma alternativa de multiplicar. Dirédesme que hoxe hai calculadoras, ordenadores e teléfonos móbiles que fan ese traballo sen pensar. Pero hai que ter en conta que quentar as neuronas é o mellor remedio contra o arrefriado cultural que tanto prolifera. Tamén reduce a tecnoadicción e disque é o mellor remedio contra o alzhéimer.
Así que, se queredes, ide collendo un lapis e xogade un pouco cos números segundo se amosa na seguinte animación. Porque hai xeitos máis doados de facer as contas que aqueles que aprendemos na escola. Mágoa non sabelo antes...
|