.....::
fonte.es
2016-11-14
|
||||
Motor Striling versus panel solarEn 2016 fixemos un traballo de experimentación escolar no que se comparaban dous métodos de obtención de enerxía, mediante un motor Stirling e usando un panel solar. Construímos ambas máquinas e calculámoslles a súa potencia teórica, a real e tamén o rendemento operativo. Como era de esperar, as novas tecnoloxías superan por moito ás técnicas doutrora.
Con todo, o motor Stirling serviunos para comprender o funcionamento das máquinas térmicas. Ten un funcionamento moi suave e resulta hiptótico ver o seu acompasado movemento.
O panel solar que construímos empregando células individuais de silicio monocristalino tamen nos serviu para practicar os coñecementos dos circuítos de corrente continua.
Foi toda unha experiencia de aprendizaxe que se estendeu ao longo do curso. Neste enlace compartímola convosco.
|