.....::
fonte.es
2019-01-01
|
||||
A imaxe diaria da NASACréditos da foto: R. Kennicutt (Steward Obs.) et al., SSC, JPL, Caltech, NASA (Pulsar foto para ampliar) Explicación: Este anel flotante é do tamaño dunha galaxia. De feito, é unha galaxia, ou polo menos parte dunha: a fotoxénica galaxia do Sombreiro, unha das galaxias máis grandes no cercano cúmulo de galaxias de Virgo. A banda escura de po que escurece a sección media da galaxia do Sombreiro (ou Chapeu) en luz visible, realmente brilla intensamente en luz infravermella. A imaxe mostrada, retocada dixitalmente, mostra o brillo infravermello recentemente gravado polo telescopio espacial Spitzer (en órbita), superposto en falsa cor sobre outra imaxe existente tomada polo telescopio espacial Hubble da NASA en luz visible. A galaxia do Capeu, tamén coñecida como M104, esténdese ao longo duns 50.000 anos luz e atópase a 28 millóns de anos luz de distancia. A M104 pode verse cun pequeno telescopio na dirección da constelación Virgo. (Pulsar texto para cambiar de idioma) |