.....::    fonte.es     2019-01-25
 




Atopan moléculas precursoras da vida na constelación de Ofiuco



Créditos: ESA-Wikipedia

(Pulsar foto para ampliar)




Unha investigación da Universidade Queen Mary de Londres detectou a susbtancia gliconitrilo (OH-CH2-C≡N), nunha protoestrela solar chamada IRAS16293-2422 B. Esta protoestrella atópase dentro da rexión de formación estelar Ofiuco Rho, na constelación homónima. Empregaron datos e observacións obtidas do telescopio ALMA de Atacama en Chile (Atacama Large Millimeter/submillimeter Array)

Segundo os investigadores, as condicións dentro da rexión de formación estelar son moi parecidas ás que existían nos albores do Sistema Solar. O descubrimento remítenos a unha época moi remota da historia do noso Sistema Solar, fai 4500 millóns de anos, intre no que se formaron o Sol, os planetas e tamén a Terra. Compoñentes orgánicos coma estes, e tamén a auga, figuran como ingredientes fundamentais para o xurdimento da vida.

Dise que o glicolonitrilo é un precursor da formación de adenina, que é fundamental tanto no ADN como no ARN. Este material acumúlase en flocos de po e gas na rexión onde se forman as estrelas.

Este mesmo equipo tamén detectou fai pouco a molécula de isocianato de metilo (CH3-N=C=O), un isómero do glicolonitrilo, na mesma zona do ceo, a uns 400 anos-luz de distanza.