.....::    fonte.es     2019-01-26
 




A mellor imaxe de Ultima Thule



Créditos: NASA

(Pulsar foto para ampliar)





New Horizons revealed the best image yet of Ultima Thule on Thursday, 24. The new image shows small pits on the surface of the Kuiper Belt object. The latest image also shows a bright collar-like ring that separates Ultima Thule's lobes. Ultima Thule has been dubbed the space snowman on social media due to its shape.

Kuiper Belt object 2014 MU69 (Ultima Thule) is the first small Kuiper Belt object to be explored by a spacecraft. The latest image was taken by the wide-angle Multicolor Visible Imaging Camera (MVIC) of New Horizons' Ralph instrument when the object was about 4,200 miles (6,700 kilometers) away. The image was sharpened by scientists to enhance fine details.

The New Horizons team says the circular collar-like ring feature on Ultima Thule appears to be a deep depression. They say the pits could be impact craters or pits caused by a surface collapse due to the "ancient venting of volatile materials."

Alan Stern, Principal Investigator of the Southwest Research Institute in Boulder, Colorado, says in a statement, "This new image is starting to reveal differences in the geologic character of the two lobes of Ultima Thule, and is presenting us with new mysteries as well. Over the next month there will be better color and better resolution images that we hope will help unravel the many mysteries of Ultima Thule.

It will take around 20 months for all of the New Horizons flyby data to come back to Earth due to the vast distance and slow transmission rate between the probe's antenna and receiving dishes on the ground.

The image released Thursday was radioed back to Earth on Jan. 18 and 19, after controllers restored contact with New Horizons following a scheduled interruption that began Jan. 4 as the spacecraft was too close to the sun in the sky to allow for reliable communications.

The data stored in the spacecraft's data recorders will stream back to scientists a little faster than 1,000 bits per second. The data downlinks will not be constant, as the probe conducts other scientific observations and NASA's Deep Space Network antennas support other interplanetary missions.

New Horizons is currently 6.64 billion kilometers from Earth. At that distance, a radio signal takes six hours and nine minutes to travel from New Horizons back to Earth. "

A sonda New Horizons sacou a mellor foto de Ultima Thule este xoves, día 24. Na nova imaxe vense máis buratos na superficie deste obxecto ubicado no cinto de Kuiper (nas aforas do Sistema Solar). A derradeira foto tamén amosa un anel brillante que separa os lóbulos deste planetoide. Ultima Thule foi alcumado "boneco de neve espacial" nas redes sociais debido á súa peculiar forma.

Este obxecto do cinto de Kuiper, 2014 MU69 (Ultima Thule), é o primeiro astro de reducidas dimensións que foi explorado por unha nave espacial. A última foto tomouna unha cámara de espectro visible multicolor gran angular (MVIC), do instrumento Ralph de New Horizons, cando o obxecto estaba a unhas 4.200 millas (6.700 quilómetros) de distancia. A imaxe foi refinada polos científicos para mellorar os seus detalles.

O equipo de New Horizons afirmou que o anel circular branco de Ultima Thule parece ser unha depresión profunda. Din que os fosos poden ser cráteres de impacto ou pozos provocados por un colapso superficial debido á "antiga expulsión de materiais volátiles".

Alan Stern, investigador principal do Southwest Research Institute, de Boulder - Colorado, dixo nun comunicado que: "Esta nova imaxe está empezando a revelar diferenzas no carácter xeolóxico dos dous lóbulos de Ultima Thule e tamén nos presenta novos misterios. Durante os meses seguintes haberá mellores imaxes de cores e mellor resolución que esperamos que poidan axudar a desvelar os moitos misterios de Ultima Thule".

Levará ao redor de 20 meses descargar á Terra todos os datos de New Horizons debido á gran distancia e á reducida velocidade de transmisión da antena da sonda.

A imaxe difundida o xoves foi transmitida á Terra os días 18 e 19 de xaneiro, despois de que os controladores restaurasen o contacto con New Horizons tras unha interrupción programada que comezou o 4 de xaneiro, cando a nave estaba demasiado preto do sol no ceo para permitir comunicacións fiables.

Os datos almacenados nos rexistros da nave espérase que cheguen aos científicos un pouco máis rápido que 1.000 bits por segundo. O enlace descendente de datos non será constante, xa que a sonda realiza outras observacións científicas e as antenas da rede espacial profunda da NASA soportan ao mesmo tempo outras misións interplanetarias.

New Horizons está actualmente a 6.64 mil millóns de quilómetros da Terra. A esa distancia, a un sinal de radio lévalle seis horas e nove minutos para viaxar dende New Horizons ate a Terra.



(Pulsar texto para cambiar de idioma)