|
A nebulosa Cangrexo do Sur
Créditos: Hubble, NASA, ESA
(Pulsar foto para ampliar)
The Southern Crab Nebula sits in the constellation Centaurus, about 7,000 light-years away from Earth. What look like the legs and pincers of a cosmic crab are actually twin bubbles of gas and dust burped out by a pair of stars at the nebula's center. This celestial Odd Couple is composed of one red giant (a huge, dying star in the process of molting its outer shell of matter), and one white dwarf (the tiny, dead ball of hot crystal that remains once a red giant has loosed its last burst of gas).
According to the ESA, this binary duo coexists in a relationship where the dying red giant continuously feeds gas and dust into the white dwarf via its gravitational pull.
After piling up for thousands of years, all that matter may spark an eruption on the white dwarf's sizzling surface, scattering that matter through space in giant bubbles. Astronomers think this has happened twice in the relatively recent past, giving rise to the twin splatters of glowing matter visible in Hubble and terrestrial's images of the nebula.
A nebulosa do Cangrexo do Sur atópase na constelación de Centauro, a uns 7.000 anos luz de distancia da Terra. O que parecen as patas e as pinzas dun cangrexo cósmico son en realidade dúas burbullas de gas e po que saen dun par de estrelas que orbitan no seu centro. Esta estraña parella celestial está composta por unha xigante vermella (unha enorme estrela moribunda en proceso de mudar a súa capa exterior de materia), e unha anana branca (a pequena e morta bola de cristal quente que queda unha vez a xigante vermella desprende a súa última laparada de gas).
De acordo coa ESA, este dúo binario coexiste nunha relación na que a xigante vermella moribunda alimenta continuamente de gas e o po á anana branca por causa da súa atracción gravitatoria.
Despois de acumularse durante miles de anos, toda esa materia pode provocar unha erupción na superficie candente da anana branca, dispersándoa a través do espazo en burbullas xigantes. Os astrónomos pensan que isto sucedeu dúas veces no pasado relativamente recente, dando lugar ás salpicaduras xemelgas de materia brillante visibles nas imaxes de Hubble e terrestre da nebulosa.
(Pulsar texto para cambiar de idioma)
|
|