A imaxe diaria da NASA
Créditos: NASA, ESA, e J. Maíz Apellániz (IoAoA Spain)
(Pulsar foto para ampliar)
Why does star cluster Trumpler 14 have so many bright stars? Because it is so young. Many cluster stars have formed only in the past 5 million years and are so hot they emit detectable X-rays.
In older star clusters, most stars this young have already died -- typically exploding in a supernova -- leaving behind stars that are fainter and redder. Trumpler 14 spans about 40 light years and lies about 9,000 light years away on the edge of the famous Carina Nebula.
A discerning eye can spot two unusual objects in this detailed 2006 image of Trumpler 14 by the Hubble Space Telescope. First, a dark cloud just left of center may be a planetary system trying to form before being destroyed by the energetic winds of Trumpler 14's massive stars. Second is the arc at the bottom left, which one hypothesis holds is the supersonic shock wave of a fast star ejected 100,000 years ago from a completely different star cluster.
Por que o cúmulo de estrelas Trumpler 14 ten tantas estrelas brillantes? Porque é moi novo. Moitas das estrelas do clúster formáronse nos últimos 5 millóns de anos e son tan quentes que emiten raios X detectables.
Nos cúmulos estelares máis antigos, a maioría das estrelas primixenias xa morreron - normalmente explotan nunha supernova - deixando atrás as estrelas que son máis débiles e máis vermellas. Trumpler 14 abrangue uns 40 anos luz (de diámetro) e atópase a uns 9.000 anos luz á beira da famosa nebulosa Carina.
Un ollo atento pode detectar dous obxectos pouco comúns nesta detallada imaxe sacada en 2006 de Trumpler 14 polo telescopio espacial Hubble. En primeiro lugar, unha nube escura que queda á esquerda do centro pode ser un sistema planetario que intenta formarse antes de ser destruído polos ventos enerxéticos das estrelas masivas de Trumpler 14. O segundo é o arco da parte inferior esquerda, que hipoteticamente é a onda de choque supersónica dunha estrela rápida expulsada fai 100.000 anos dun conxunto de estrelas completamente diferente.
(Pulsar texto para cambiar de idioma)
|