.....::    fonte.es     2019-08-19
 




O Hubble atopa dúas galaxias encerelladas



Créditos: Hubble, NASA, ESA

(Pulsar foto para ampliar / Press photo to expand)


Play audio MP3


    



(Pulsar sobre texto para cambiar de idioma)
(Press on text to change language)


The couple of galaxies named UGC-2369 are caught in a crazy cosmic dance, pulling at each other, and can see in a fresh image from a space telescope Hubble.

This slow-motion galaxy collision is about 424 million light-years away. (A light-year is the distance light travels in a year, or one cuadrillion kilometers).

The two collections of stars, gas and dust are so close to each other that a faint bridge of material spans the intergalactic gap. This material came from the "diminishing divide" between the two galaxies, the European Space Agency said in a statement.

"Interaction with others is a common event in the history of most galaxies," ESA stated. "For larger galaxies like the Milky Way, the majority of these interactions involve significantly smaller so-called dwarf galaxies. But every few billion years, a more momentous event can occur."

Our Milky Way, for example, is on an inevitable collision course with the neighboring behemoth galaxy Andromeda. Probably in four billion years distant observers will see the two galaxies gradually become one. European Space Agency nicknames this new merged galaxy "Milkomeda".

Hubble has captured galaxies all over the sky during its nearly 30 years of operations. Some of its most famous galactic images peer back to a time shortly after the Big Bang that formed our universe some 13.7 billion years ago. The latest image of this type, the Ultra Deep Field, was generated in 2016.

Title: Hubble finds two galaxies entangled.


A parella de galaxias nomeadas UGC-2369 están atrapadas nunha aloucada danza cósmica, tirando unha da outra, e así poden verse nunha recente imaxe do telescopio espacial Hubble.

Esta colisión de galaxias a cámara lenta está a uns 424 millóns de anos luz de distancia. (Un ano luz é a distancia que percorre a luz nun ano, aproximadamente 1000 billóns de quilómetros).

As dúas coleccións de estrelas gas e po están tan preto una da outra que unha tenue ponte de material atravesa a fenda intergaláctica. Este material provén da "división minguante" entre as dúas galaxias, dixo a Axencia Espacial Europea nun comunicado .

"As interaccións son eventos comúns na historia da maioría das galaxias", afirmou a ESA. "Para galaxias máis grandes como a Vía Láctea, a maioría destas interaccións involucran galaxias ananas significativamente máis pequenas. Pero cada poucos miles de millóns de anos, pode ocorrer un evento máis transcendental".

A nosa Vía Láctea, por exemplo, está nun inevitable curso de colisión coa galaxia xigante veciña, Andrómeda. É probable que nuns catro mil millóns de anos observadores distantes vexan como as dúas galaxias gradualmente se convertan nunha soa. A Axencia espacial Europea alcuma "Milkomeda" a esta nova galaxia fusionada.

Hubble capturou galaxias en todo o ceo durante os seus case 30 anos de operacións. Algunhas das súas imaxes galácticas máis famosas remóntanse a un intre pouco despois do Big Bang no que se formou o universo, fai uns 13.700 millóns de anos. A última imaxe deste tipo, a do Campo Ultra Profundo, data de 2016.