.....::    fonte.es     2020-12-12
 




Eclipse de Sol



(Pulsar foto para ampliar)







(Pulsar sobre texto para cambiar de idioma)




O luns día 14 de decembro poderemos observar unha eclipse de Sol, non sobre Galicia senón sobre Arxentina, máis concretamente sobre a Patagonia. Ese día teremos que agardar ata as dúas e media da tarde -hora local española- para que comece a Lúa a pasar por diante do Sol.

A eclipse solar ven sendo a sombra que fai a Lúa sobre a Terra cando se pon por diante do Sol e nolo oculta. Poderase ver o fenómeno a través dunha emisión en directo que xa está programada no Youtube para esa data. Nesta noticia poño o enlace a dita canle por se vos resulta interesante e tamén queredes ver a eclipse.

Na imaxe que aquí deixo pode verse o tránsito da sombra e as zonas de máxima incidencia. Nela tamén se indica que a ocultación total sucederá uns minutos despois das catro da tarde. O último contacto será ás 17:54 horas.

A única vantaxe que teremos en Galicia para ver a eclipse é que non necesitaremos gafas especiais de protección para mirar directamente ao Sol.

Por último direi que ata o día 12 de agosto de 2026 non poderemos ver unha eclipse total de Sol na nosa terra. Ata entón teremos que conformarnos con algunhas eclipses de Lúa, coma a do 19 de novembro de 2021 ou a do 16 de maio de 2022.