.....::    fonte.es     2020-12-28
 




Un anel fundido no firmamento



Créditos: NASA / ESA / Hubble / Saurabh Jha, Rutgers the State University of New Jersey / L. Shatz.

(Pulsar foto para ampliar / Press photo to expand)




(Pulsar sobre texto para cambiar de idioma)
(Press on text to change language)




This Hubble image shows GAL-CLUS-022058-38303, the largest, nearly-complete Einstein ring known. The image is made up of observations from Hubble’s Wide Field Camera 3 (WFC3) in the infrared and optical parts of the spectrum. Three filters were used to sample various wavelengths. The color results from assigning different hues to each monochromatic image associated with an individual filter. The object looks like it was taken from a painting by Salvador Dalí, but it is completely natural.

Click on this link to see the image enlarged.

GAL-CLUS-022058-38303, located in the southern constellation of Fornax, has an extreme diameter — approximately 20 arcseconds.

Nicknamed the Molten Ring, which alludes to its appearance and host constellation, this spectacular object is the result of gravitational lensing by a foreground elliptical galaxy 4 billion light-years away.

The ring shows two extremely distant galaxies (perhaps interacting), resulting in double arcs with striking differences in color.

First theorized to exist by Einstein in his general theory of relativity, this object’s unusual shape can be explained by a process called gravitational lensing, which causes light shining from far away to be bent and pulled by the gravity of an object between its source and the observer.

In this case, the light from the background galaxy has been distorted into the curve we see by the gravity of the galaxy cluster sitting in front of it.

The near exact alignment of the background galaxy with the central elliptical galaxy of the cluster, seen in the middle of this image, has warped and magnified the image of the background galaxy around itself into an almost perfect ring. The gravity from other galaxies in the cluster is soon to cause additional distortions. Objects like these are the ideal laboratory in which to research galaxies too faint and distant to otherwise see.


Esta imaxe do Hubble mostra GAL-CLUS-022058-38303, o anel Einstein máis grande e case completo coñecido. A imaxe está composta por observacións da cámara de campo ampliado 3 (WFC3) do telescopio Hubble nas partes infravermellas e ópticas do espectro. Usáronse tres filtros para probar varias lonxitudes de onda. A cor resulta de asignar tons diferentes a cada imaxe monocromática asociada a un filtro individual. O obxecto parece sacado dunha pintura de Salvador Dalí, pero é completamente natural.

Pulsa sobre este enlace para ver a imaxe ampliada.

GAL-CLUS-022058-38303, situado na constelación do Forno (hemisferio sur), ten un diámetro de aproximadamente 20 segundos de arco.

Foi alcumado Anel fundido, que alude á aparencia que ten dentro do cúmulo de galaxias onde se localiza. Este espectacular obxecto é o resultado da desviación dos raios luminosos por mor dunha lente gravitacional orixinada pola galaxia elíptica do primeiro plano que dista de nós uns 4.000 millóns de anos luz.

O anel mostra dúas galaxias extremadamente distantes (quizais interactuando), dando lugar a arcos dobres con notables diferenzas de cor.

Einstein, na teoría xeral da relatividade, teorizou por primeira vez a existencia destes obxectos que se poden explicar por un proceso chamado lente gravitacional. A luz que brilla desde moi lonxe é dobrada e atraída pola gravidade dun obxecto pesado que se sitúe entre a súa orixe e o observador.

Neste caso, a luz da galaxia de fondo deformouse ata converterse nunha masa curvada debido á poderosa atracción gravitatoria do cúmulo de galaxias situado diante dela.

O aliñamento case exacto da galaxia de fondo coa galaxia elíptica central do cúmulo, visto no medio desta imaxe, deformou e ampliou a imaxe da galaxia de fondo ao seu redor nun anel case perfecto. A gravidade doutras galaxias do cúmulo tamén causou distorsións adicionais. Obxectos coma estes son o laboratorio ideal para investigar galaxias demasiado distantes e tenues como para poder ser vistas directamente.