|
O cometa Leonard
Créditos: fonte.es
(Pulsar foto para ampliar / Press photo to expand)
(Pulsar sobre texto para cambiar de idioma)
(Press on text to change language)
Comet Leonard, the brightest comet of the year, made its approach closest to the Earth on December 12 and should be visible through binoculars and durant telescopes these days, if the time allows it.
Known officially as comet C / 2021 A1, Comet Leonard was discovered in January by astronomer Gregory J. Leonard Scientist of the Infrared Lemmon Infrared Observatory in Arizona. Sunday passed at a distance of 34 million km from the earth, something like halfway between the orbit of our planet and Venus, but it was still not visible to the naked eye.
Comet Leonard is a unique comet for star observers, as it takes about 80,000 years to go through the orbit and return again to surround the sun. As it is a very Ténuese comet, we must have a telescope or binoculars to look at the firmament and perceive it.
Comet Leonard is looking against west-southwest, 30 minutes after sunset, just above the horizon, below the Venus planet that is the most looks in the sky, apart from Saturn and Jupiter, as seen in the lower image.
During these nights, Comet Leonard will be a few degrees on the west-southwest horizon. We will look in this direction after spending 30 minutes from the sunset. In theory it must begin to be seen about 2 degrees on the unobstructed horizon, like the marine horizon, during the little twilight that begins at 6:00 and ends at 7:00 p.m. Again, this is the best time to locate the Comet (Note: Your fist closed with the extended arm covers about 10 degrees of the night sky, so the width of a finger occupies an approximate angular space of 2 degrees).
Depending on the dust and gas that drops by passing near the sun, it will be more or less visible during the next days until it quickly diffinters for its rapid alignment. Soon it will only be accessible through powerful telescopes.
O cometa Leonard, o cometa máis brillante do ano, fixo a súa aproximación máis próxima á Terra o día 12 de decembro e debería ser visible a través de prismáticos e telescopios durantes estes días, se o tempo o permite.
Coñecido oficialmente como o cometa C/2021 A1, o cometa Leonard foi descuberto en xaneiro polo astrónomo Gregory J. Leonard científico do observatorio de infravermellos de Mount Lemmon, en Arizona. O domingo pasou a unha distancia de 34 millóns de km da Terra, algo así como a medio camiño entre a órbita do noso planeta e a de Venus, pero aínda non era visible a simple vista.
O cometa Leonard é un cometa único para os observadores de estrelas, xa que tarda uns 80.000 anos en percorrer a órbita e voltar de novo para rodear o Sol. Como é un cometa moi ténue, debemos dispor dun telescopio ou prismáticos para mirar o firmamento e percibilo.
O cometa Leonard atópase mirando contra o oeste-suroeste, 30 minutos despois do solpor, xusto por riba do horizonte, por baixo do planeta Venus que é o máis loce no ceo, aparte de Saturno e Xúpiter, tal como se ve na imaxe inferior.
Durante estas noites, o cometa Leonard estará a uns poucos graos sobre o horizonte oeste-suroeste. Miraremos nesta dirección despois de pasar 30 minutos do solpor. En teoría debe empezar a verse a uns 2 graos sobre o horizonte sen obstáculos, coma o horizonte marino, durante o escaso crepúsculo que empeza as 6:00 e remata ás 7:00 p.m.. De novo, este é o mellor momento para localizar o cometa. (Nota: o teu puño pechado co brazo estendido cobre uns 10 graos do ceo nocturno, así que o ancho dun dedo ocupa un espazo angular aproximado de 2 graos).
Dependendo do po e do gas que solte ao pasar preto do Sol, será máis ou menos visible durante os vindeiros días ata que se difumine rápidamente polo seu rápido alonxamento. Daquela só será accesible mediante telescopios potentes.
|
|