.....::
fonte.es
2023-09-01
|
||||
Catro constelacións e AndrómedaFai uns días estiven experimentando coa cámara do teléfono e tirei algunhas fotos da noite estrelada. Apuntei cara o firmamento, contra o norte, e mirade o que saíu... Parecíame imposible que unha cámara tan sinxela coma a dun móbil puidese sacar unhas fotos tan claras. Puiden ver moitas máis estrelas que a simple vista e, oh sorpresa, tamén descubrín obxectos que non esperaba, coma a galaxia Andrómeda que só a vira en fotos do Hubble ou do James Webb; nunca polos meus propios medios. Tamén aprendín o nome de catro constelacións que se identifican ben, claro, unha vez que coñeces a localización das súas estrelas principais.
Se picas sobre a imaxe, sobrepoñerase outra cos nomes e as figuras das constelacións.
|