.....::    fonte.es     2023-09-02
 




Escorpión mirando ao Arqueiro


As noites cálidas e estreladas do verán dan moito de si para contar contos e emocionarse co firmamento. Como xa sabemos quitar fotos do ceo nocturno co teléfono, agora tocou apuntar cara o sur. A simple vista, nótase o trazado da Vía Láctea como una mancha albuxínea cargada de incógnitas. Nela fomos descubrindo algunhas constelacións importantes coma Arqueiro que ocupa un lugar destacado, pois está marcando o centro da galaxia.

 

A riqueza de obxectos estelares nesta parte do ceo é impresionante. Hai un cento de nebulosas, cúmulos, estrelas dobres, e mesmo levamos susto polo que nos pareceu un ovni... pero non, non o era.

 

O que si atopamos foi unha serpe partida en dous anacos (unha constelación esnaquizada!). A cabeza da constelación Serpe está á dereita do Ofiuco, e a cola á súa esquerda. Ofiuco é unha palabra de etimoloxía grega que significa "serpentario", ou "capturador de serpes" (ou "Frank de la Jungla"). Ofiuco, como non podía ser doutro xeito, leva a serpe consigo.

 

Por certo, o rapaz que mira as estrelas foi moi oportuno e púxose xusto diante da constelación do Escorpión, o seu signo zodiacal. É un trangalleiro.

 

Pulsando sobre a imaxe, aparecen os nosos achados. Pulsando de novo, recupérase a fotografía orixinal.