.....::
fonte.es
2021-07-20
|
||||
Praia de EsteiroNesta ocasión comparto unhas fotos e un mapa da praia de Esteiro, un enclave singular situado moi preto de Viveiro. Ten bandeira azul e dispón de servizos para autocaravanas. Ata se pode aprender surf alí mesmo porque hai unha escola. En cambio non hai ningún establecemento ou chiringuito cerca, cousa que non se bota de menos se un vai preparado.
Sorprende polo seu emprazamento entre dous cabos rochosos, moi cubertos de árbores e maleza, ao pé da aldea de Ceranzos. Aparenta illada pero está a tan só 7 km de Viveiro. Non está moi concorrida polo que a sensación de sintonía coa natureza percíbese con gran intensidade.
Se dispoñemos de tempo cómpre visitar o cumio de Monte Faro, a escasos 3 km da praia, onde gozaremos das espectaculares vistas cara a ría de Viveiro. É recomendable chegar andando pero tamén se pode ir en coche.
A continuación comparto un mapa que contén varias fotos da visita que fixen coa familia a este lugar, que me sorprendeu moito polo seu encanto e tamén porque a auga estaba máis quente do que pensaba. Para ver as fotos hai que picar sobre as bandeiras.
E tamén achégovos unha ventá comparativa entre dúas imaxes, unha ortofoto aérea de 1956 e outra satelital de 2020. Os cambios son moi evidentes.
Antes
|