.....::
fonte.es
2023-07-25
|
||||
De paseo polo MiñoUn martes -ou outro día calquera-, ben serve para perderse pola beira do Miño, mellor se vén caluroso -por aquilo de estar ao fresco-, pero tanto ten. A graza está en ir descubrindo que a carón de ti hai moito máis do que parece. Cores, chíos, correntes, olores... Milleiros de seres fican calados mirándote dende os seus agochos: agardan a que o perigo pase. Outros son máis atrevidos e déixanse observar.
Saímos co propósito de botar unha hora pero foron máis: o tempo foxe, non rende nada. Deixei de mirar o reloxo. Pasaron tres horas ao ritmo dunha película entre cómica e de acción, sen aburrimentos nin decepcións.
Deixo esta escolma de fotografías como mostra dunha aventura de verán en busca dos tesouros que xa estaban aquí antes de chegaren os romanos.
![]()
Tamén deixo un vídeo onde queda claro que a vida silvestre goza de bos reflexos.
|