.....::
fonte.es
2018-03-27
|
||||
Estrada N-547 - Melide - Palas de Rei
Nunca se sabe. Unha estrada en tan malas condicións de conservación ben podería servir para rodar algunha escena tan famosa como aquela na que Leonardo Dicaprio morría nas mans de Kate Winslet en TITANIC.
Un consello: Se lle tedes cariño ao parabrisas e ides circular por esta vía, procurade distanciarvos do vehículo que vai diante.
Fai uns días que pasei por San Pedro de Meixide, indo cara Palas, e vin como un peregrino levaba un golpe na cachola por culpa dun croio que saíu disparado dunha roda.
E qué pasará cando os peregrinos do Camiño Francés confundan o carreiro de sempre coa estrada dos coches? Pode armarse un zipitoste de carallo! |