.....::
fonte.es
2019-11-08
|
||||
As mentiras da teleTelevisión Española sempre tivo sona de organizar ben as cousas e de ofrecer datos verídicos, fundamentados e contrastados. Por iso que o pasado luns (día catro de outubro), vin con atención o debate electoral e despois quedeime un anaco atendendo ás análises que facían uns xornalistas de primeira liña. Os analistas políticos -que son persoas ben informadas- sempre axudan aos teleespectadores coas súas meditadas interpretacións, moi alonxadas do sectarismo, da manipulación e dos intereses partidistas... Xa, xa, xa! Érache boa!
Chamoume a atención este gráfico que puxeron no programa porque, a primeira vista, parece imposible que fosen tan redondas as porcentaxes de audiencia. Ademáis apréciase que o sector roxo ten un tamaño esaxerado. Este sector indica a porcentaxe de cambio no sentido do voto dos espectadores pero resulta demasiado grande... Tamén me sorprendeu que non sumasen 100 as porcentaxes representas... Pero qué pasa? Que mal botan as contas! Que porquería de información era esta?
Comparto o anaco de vídeo do especial informativo de "El Debate", (minuto 48) para que vexades o momento onde fan o estropicio.
Resulta, como antes dixen, que os sectores da gráfica non suman un 100%. A explicación é que o 3,5% de persoas que din que cambiaron de voto pertencen ao grupo do 80% de persoas influenciadas polo debate. Un pouco lioso e trapalleiro pero válido. O que non se corresponde é o tamaño do sector co da porcentaxe que indica: un 3,5% non pode pillar tanto anaco de rosca! Comprobeino facendo as contas como Deus manda nunha folla de cálculo Excel. O resultado é o seguinte:
Por outra banda, a presentadora indica que viron algún debate político un 65% dos cidadáns. Logo afirma que o equipo sacou os datos dunha enquisa oficial do CIS, efectuada xusto despois das pasadas eleccións do 28 de abril.
Colsultei dita enquisa do CIS para ver qué poñía e anotei a seguinte información:
Aquí algo falla! A enquisa estima que hai un 55,8% de electores que "tiveron referencia" dos debates televisivos mentres que o programa de TVE afirma que foron un 65%. Seguro que un guionista despistado pulsou a tecla do 6 no sitio de premer 5... É que están moi xuntas no teclado!
Sigamos co estudo. O CIS indica que un 7,1% dos que viron algún debate cambiaron a súa intención de voto e que, deses electores, un 51,1% cambiou de opción política. Polo tanto, se botamos unha sinxela conta de multiplicar sae que:
55,8% (persoas que viron o debate) x 7,1% (que se motivaron grazas a el) x 51,1% (que cambiaron de opción política) = 2,02% → porcentaxe de votantes que viron o debate e cambiaron de opción política.
Segundo o programa a porcentaxe de persoas que "tiveron presente" o debate foi un 80%, das que un 3,5% cambiou o seu voto. Nese caso, a porcentaxe de votantes que cambiaron de voto despois de ver os debates é:
Agora ambas porcentaxes cadran bastante ben pero hai un claro falseamento dese 80% de persoas que están "motivadas polo debate"... realmente é un 7,1%. Esta desproporción pon de relevo a importancia que os xornalistas lle queren atribuír aos debates. Estes eventos, segundo eles, son imprescindibles para convencer á xente para que vaia votar e, de paso, que cambie de opción política. Esto xustifica o engano de aumentar 12 veces a porcentaxe de audiencia. Segundo se deduce dos datos do CIS, os debates non son máis que un ESPECTÁCULO que aporta audiencia a certas cadeas e, polo tanto, cartiños e prestixio. Menudos son estos da tele!
En realidade a gráfica que deberían ensinar sería así:
Despois quéixanse os políticos e xornalistas das "fake news" e son eles mesmos quen as producen!
|