.....::
fonte.es
2022-01-26
|
||||
Consecuencias de dar altas automáticas de covid en 5 díasExplicación gráfica do motivo de dar altas automáticas en 5 días.
Veredes que na imaxen inferior hai uns puntos de cor laranxa que están bailando para arriba e para abaixo. Son as series de casos activos en Galicia calculados mediante ponderación de altas. O criterio foi axustado durante un ano e medio e afinouse ata que variou tan só o 1% respecto dos casos que aportaba o SERGAS ata este Nadal. Ou sexa, que o modelo tiña bastante precisión respecto do caso real.
Non é moi complicado de entender. O método consiste en rexistrar os novos casos diarios oficiais e ir dando altas mediante un programa segindo esta pauta (que foi a parte que se deduciu despois de ano e medio de traballo): Hai un 5% de altas na 1ª semana. Un 75% de altas → 2ª semana Un 15% → 3ª semana Un 3% → 4ª semana Un 2% → en semanas posteriores.
Facendo así sae que agora -día 26 de xaneiro- aínda estariamos preto de 100.000 casos activos en Galicia. En cambio, o SERGAS -despois dos cambios de criterio de mediados de xaneiro-, rexistra para hoxe 65.841 enfermos activos.
Considerando que agora queren dar a alta automática en 5 días, equivalería a dar o 100% das altas na 1ª semana. Fixemos a simulación con este criterio e sae que hoxe habería só 40.000 casos activos. Ademais de baixar a incidencia, tamén se ve como a gráfica se riza máis (sobe e baixa con máis frecuencia), adianta os picos e vólvese máis irregular. Isto é o que queren facer os nosos políticos... distorsionar a realidade para que vexamos o que eles queren; póñennos unhas anteolleiras como aquelas dos cabalos por non seguir coa lista de équidos...
|