¡Estamos en Semana Santa 2015!
Chegou a data na que conmemoramos a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret.
Esta data tan especial adoitámola celebrar de varios xeitos: Moitos participamos en procesións, cofradías e en eventos celebres cos nosos coñecidos e amigos, outros se deciden ir de viaxe ben sexa para descansar e gozar do sol ou a visitar a familiares que viven lonxe.
A semana santa iniciou o 27 de marzo co Venres de Dores e, baixo o punto de vista da meteoroloxía, deixounos moi boas sensacións. Deixando atrás a fronte de choivas e aire frío puidemos gozar de bo tempo en todo o territorio español, especialmente no centro, leste e sur peninsular. Tamén en Canarias e Baleares os termómetros superaron os 20 grados.
E todo apunta a que a situación meteorolóxica siga estable para os que saimos fóra en Semana Santa: ¡Sol e máis sol! As temperaturas seguirán agradables aínda que baixarán ao longo desta semana con fortes contrastes entre o día e a noite (arredor dos 20 graos).
Para máis información recomendamos consultar o tempo mirando o ceo ao erguerse pola mañá cedo.