.....::    fonte.es     2015-04-22
 

Ilusións ópticas - A quen ves


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 
Qué terán os ollos das persoas para concentrar a mirada das persoas que os ollan!


Os ollos son a ventá da alma. É por iso que pedimos ás persoas que nos ollen para dicirnos a verdade. Frases coma que che botaron un mal de ollo ou que te están a mirar de reollo poñen de manifesto as miradas inquisitivas e penetrantes dalgunhas persoas.

Mirando pola Internet atopei algunhas ilusións ópticas que reflicten a forza da mirada. Por exemplo, a desta rapaza que, posta en simetría especular, parece mirar cara ti se a miras de preto ou mirarse mutuamente se as miras de lonxe.

A ilusión "mirar fantasmagórico", creado por Rob Jenkins, da Universidade de Glasgow, en Escocia, foi premiado co segundo premio en 2008 á mellor Ilusión da competición do ano, realizada en Naples, Florida.O fenómeno explícase do seguinte xeito: As dúas imaxes son xemelgas e producen incerteza na dirección da ollada por culpa dos detalles. Cando as miramos de preto os detalles son abundantes e vemos como nos miran de fronte. Cando nos alonxamos os detalles difumínanse e prevalecen as sombras dos contornos dos ollos que fan que pareza como se estivesen mirándose entre elas.


Non saber cara onde unha persoa está mirando fainos sentir incómodos. Por iso que moita xente percibe "malas vibracións" cando o interlocutor se comunica tras dunhas gafas de sol.

Déixovos outras imaxes semellantes para que investiguedes o fenómeno que as fai especiais.

Neste caso aparecen dúas miciñas, tamén xemelgas, pero unha mira cara o lector (a da esquerda) mentres a outra mira de esguello. Por qué? Esta ilusión foi descrita por primeira vez en 1824 polo químico británico e filósofo natural William Hyde Wollaston, que tamén descubriu os elementos paladio e ródio.

Esta ilusión ven sendo coñecida como os "alter ego" de Einstein. Foi creada por Aude Oliva e Philippe G. Schyns do MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts). Nun exemplo chocante de como a interpretación perceptual de imaxes híbridas varía coa distancia de visualización. Se as miras de preto ves a Einstein, pero se te alonxas verás a outros persoeiros...

Para imaxes máis híbridos creados polo laboratorio Oliva, visita a galería de imaxe híbrida en http://cvcl.mit.edu/hybrid_gallery/gallery.html .