.....::    fonte.es     2015-04-25
 

Mulleres 4 - Homes 1


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 

A primeira alumna que se matriculou en España foi María Elena Maseras Ribera en 1872 na Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona, segundo explica Consuelo Flecha, autora de "Las primeras universitarias en España". Naqueles anos, "íanse matriculando unha serie de rapazas pero non se lles quería emitir o título porque este tiña un carácter profesional e non podían exercer", explica Flecha, catedrática da Universidade de Sevilla. Antes, en 1849, a tradición conta que Concepción Areal se disfrazou de home para poder estudar Dereito na Universidade de Madrid.

Actualmente só hai 11 mulleres reitoras nas 77 universidades españolas, segundo fontes da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE). A primeira de España foi Elisa Pérez Vera, reitora da UNED entre 1982 e 1987 e agora maxistrada do Tribunal Constitucional. O primeiro decanato conseguírao tan só cinco anos antes Carmina Virgili Rodón, que se converteu despois na primeira secretaria de Estado de Universidades e Investigación no primeiro Goberno de Felipe González. Segundo os datos do Ministerio de Educación só o 35% do persoal docente era feminino. A súa presenza entre os catedráticos é só do 15%.

Son cifras que demostran, que a pesar do asalto ás aulas dende os pupitres, as mulleres aínda teñen pendente a conquista dos encerados e os despachos da Universidade. Para máis información consultade este enlace:

http://www.rtve.es/noticias/dia-internacional-mujer/universidad/