.....::    fonte.es     2015-04-27
 

Un mapa da calidade do aire que respiramos en tempo real


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 
O World Air Quality Index é un interesante mapa en tempo real no que se combinan mapas de Google con datos públicos de diversas cidades de todo o planeta respecto á calidade do aire que se respira nelas.


Os valores están expresados nunha escala de 0 a 500 da Axencia Ambiental de Estados Unidos. Para entendelos dunha ollada están coloreados en verde («a calidade é estupenda», como a das terras galegas), amarelo (aceptables, para os estándares actuais), laranxa (chungo e perigoso para persoas delicadas de saúde), vermello (calidade mala que todo o mundo vai empezar a notar na súa saúde), violeta (como acostumes a respirar moito en plena rúa podes rematar en urxencias) e granate (letal).

Tamén podedes consultar a calidade ambiental de cada cidade facedo clic co punteiro do rato enriba da etiqueta correspondente.


Chama a atención o que pasa na China... E máis do mesmo nalgunha cidade cando hai anticiclón e non sopra o vento.

E aquí está a táboa de valoracións por cores.