.....::
fonte.es
2015-05-01
|
||||||||
Ten coidado co correo electrónico - Epidemia de virusA prensa destes días recolle os numerosos ataques que se están producindo en Galicia de hackers que queren roubar a nosa información. Como isto parece que sempre lle pasa a "outros" vos deixo unha omaxe do que me chegou a min. Nin se vos ocorra abrir este tipo de mensaxes. Son o cebo que permite ao intruso secuestrar o voso ordenador e acceder ás contas de correo e teléfonos dos vosos contactos. Resulta facil de crer (sobre todo, se de verdade mandaches un certificado, como fixen eu), pero hai detalles que fan sospeitar: a dirección de correo do remitente é unha autentica farsa, as faltas ortográficas e erros de expresión indican escaso coñecemento do idioma e, o estilo "trapalleiro" da mensaxe, son indicios máis que suficientes para borrar a mensaxe. Estas son outras vías que usan os ciber-chourizos para enganarnos:
Sabedes que a Xunta recibiu un ataque que fixo caer o seu servidor. As recomendacións que nos suxire para evitar infeccións son: Recomendamos non pinchar en ningún enlace nin descargar ningún arquivo adxunto cando o correo proveña dunha fonte descoñecida, independentemente de que o nome do remitente asociado a dito correo electrónico sexa ben coñecido. Exemplo: se chega un correo provinte de ?Correos España? e ao abrilo se pode comprobar que ten unha dirección de correo electrónico descoñecida, como informacion@ sda-courier24.biz, trátase dun claro indicio de correo con virus. Pese a todo, en ocasións os atacantes falsean as direccións simulando unhas coñecidas polo usuario (ex: correos@ correos.es), polo que se recomenda máxima precaución cando se ofreza a posibilidade de abrir un enlace ou de descargar un arquivo. Sospeitar dos correos con faltas ortográficas ou mala redacción, xa que os correos electrónicos con virus soen estar traducidos de forma automática. É conveniente ter copia de seguridade de calquera arquivo que conteña información relevante nun disco duro extraíble, por exemplo. |