.....::
fonte.es
2015-05-03
|
||||||||
A nave PROGRESS-M caerá dentro de tres ou catro díasA Estación Espacial Internacional recibe periodicamente subministros de combustible, osíxeno e alimentos. O artefacto encargado da misión é o foguete ruso Soyuz-2-1A, que partiu cara o espazo o 28 de abril de 2015 ás 07:09 UTC desde Baikonur. Era a segunda vez que se empregaba este tipo de foguete, máis moderno que o tradicional Soyuz-U. Pois, din os entendidos, que cando chegou a unha altura suborbital de 250 km sufriu un percance (quizáis unha emplosión) que o fixo vagar á deriva. Os enxeñeiros quixeron controlar o seu errático movemento mediante controis por radar desde terra pero non o lograron. Desistiron de que se achegara a EEI polo perigo que suporía para os astronautas. Así, fóra de control, o cargueiro espacial Progress-M 27M tiña o seu destino sentenciado. Os encargados da misión decidiron desbotar a nave e agardar a que se estrelara contra a Terra. O problema é que, sen control, este artiluxio ten partes metálicas que non se queimarán na atmosfera e poden impactar contra o chan. Como vai sen control, o lugar do impacto non está calculado. As cero horas do día 4 de maio sabemos que o seu perixeo (punto da órbita máis próximo á Terra), está a 175 km. En canto estea por baixo dos 100 km empezará a percibir o contacto coas capas altas da atmosfera e a caída acelerarase expoñencialmente. Se isto sucede preto da nosa latitude, observaremos unha luz moi brillante no ceo precedida dunha estela de lume e fume, algo semellante á caída dun meteorito. Se desexades ser previsores e saber onde se atopa en cada instante este perigoso residuo espacial vos deixo este enlace: http://www.satflare.com/track.asp?q=40619#TOP ou temén pinchando sobre a imaxe.
Nel poderedes ver a traxectoria que segue o satélite, os datos da súa altitude e outras moitas variables de interese. A mesma páxina ofrece datos de posición celeste doutros satélites e tamén da Estación Espacial (por se a queredes observalos tralo ocaso). E coidado co que nos pode caer de enriba! |