.....::    fonte.es     2015-05-06
 

Días de gran actividade solar


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 
Levamos uns días nos que o Sol manifesta o seu poderío dunha forma espectacular. Estamos no momento de máxima actividade do ciclo solar que dura 11 anos aproximadamente. Actualmente o Sol non para de fungar e de ruxir. O día 27 e seguintes aconteceron varios sucesos notables chamados erupcións solares con exección de masa coronaria.

As chamaradas estendéronse nunha distancia similar ao tamaño do mesmo Sol (1.400.000 km de diámetro), en so dúas horas. Con esta velocidade de escape de plasma, as partículas expelidas chegarían á órbita da Terra en tan so 8 días (despois de percorrer os 150.000.000 de km que nos separan).

Nesta ocasión tivemos sorte. As flatulencias solares non saíron coa dirección axeitada para impactarnos (ou iso esperamos). Se sucedera isto último, as auroras boreais serían moito máis estensas e intensas, poderíanse producir apagóns por sobrecarga nas liñas eléctricas terrestres e algún que outro satélite quedaría "chamuscado" pola radiación.