.....::
fonte.es
2015-05-08
|
||||||||
Día da Ciencia na RúaO día 9 de maio celebrase na Coruña, no parque de Santa Margarita e en todos os museos públicos da cidade, unha xornada especial dedicada á divulgación científica.
Poderemos asistir ás exibicións científicas que realizarán os alumnos dunha trintena de colexios e tamén de institucións educativas como a Universidade da Coruña, o museo MUNCIT, o museo Oceanográfico, Bibliotecas Municipais, e outras moitas públicas e privadas. Os Museos Científicos Coruñeses únense a esta celebración abrindo as súas portas ao público gratuitamente, de 11 a 19 horas. Ademais, a Casa das Ciencias ofrecerá aos seus visitantes, entre outras actividades, un maratón de sesións de planetario. Os pases serán ás 11, 12, 13, 16, 17 e 18 horas, e para asistir hai que retirar convites, que se repartirán en recepción media hora antes do comezo de cada sesión. Na Domus haberá tamén pases gratuítos de cine 3D, coa película "Titáns da idade de xeo", ás 12, 13, 17 e 18 horas. E celebrarase o obradoiro "Crea o teu esborranchador", para inventar dispositivos a motor que debuxen os garabatos máis inesperados. Esta actividade, que é de aforamento limitado, realizarase en dúas sesións de 11 a 14, e de 16 a 19 horas. E o Aquarium ofrece aos visitantes unha ocasión para coñecer a nova exposición "Perseguindo Mr.Goodfish", un percorrido en fotografías do proceso que segue o peixe dende o mar ata o prato, para sensibilizar á sociedade sobre o consumo responsable das especies mariñas, seguindo os valores que defende o programa europeo Mr.Goodfish, patrocinador da exposición. E como non, será tamén unha oportunidade para acompañar as focas das piscinas exteriores nas súas dúas comidas diarias, ás 12 e 17 horas. A Torre de Hércules terá unha xornada de portas abertas e haberá visitas guiadas. Tamén poderemos disfrutar de xogos "especiáis": carreiras de caracois, de avións de papel, o concurso de fundir cubos de xeo e outros xogos tradicionais estarán acompañados de partidas de xadrez, a realización dun grafitti de 18 metros de temática científica, un espectáculo de maxia, radioafeccionados, demostracións con impresoras 3D, ou o concerto da Banda Municipal, ás 12 da mañá xunto á Casa das Ciencias. http://www.amigoscc.es/el-dia-de-la-ciencia-en-la-calle-cumple-20-anos/ |