.....::    fonte.es     2015-08-07
 

Privacidade


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 

Cando falamos de Internet entendemos que se trata dun mundo virtual de servizos onde podemos movernos con total liberdade. A actitude que manifestamos cara este medio de comunicación é de confianza nos servizos máis elementais: mensaxería, correo, buscadores, almacenamento de datos... Obtida a confianza necesaria, os usuarios substituímos o mundo físico polo virtual para facer trámites, mercar cousas e comunicarnos con outras persoas. Só desconfiamos de entrar en páxinas maliciosas que, ocasionalmente, nos puideran meter un virus no equipo ou dos correos maliciosos cos que nos poden "pescar". E nada máis. Non nos preocupamos da pegada que deixamos na Rede cada vez que a usamos. Sentímonos coma uns transeúntes por unha rúa concurrida protexidos polo anonimato. Pero isto é falso: somos suxeitos pasivos de estudo, de análise e de vixilancia intensiva.

Ata agora, a miña experiencia sobre privacidade en Internet reducíase a admitir o uso de "cookies" en páxinas web e facer o mesmo cos permisos ao instalar unha aplicación no móbil. Nunca me gustaron as "cookies" (en inglés significa galletas, mini-aplicacións que se instalan no ordenador de xeito oculto para fins da mesma índole, eso si, co noso consenimento), nin as aplicacións que piden acceso aos contactos do teléfono, ao rexistro de chamadas ou de SMS, ao cobro por servizos, etc.

Hoxe recibín unha sorpresa que acabou confirmando as miñas sospeitas. Fixen un experimento: puxen no buscador Google catro palabras máxicas que fixeron saltar un aviso especial. Apareceu un "banner" (letreiro) indicándome que estaba "baixo o ollo de Sauron", tal coma unha ameaza,  de que non debía "buscar" certas cousas. Era a confirmación de que ía ser rastrexado e que debía lembralo e aceptalo. As palabras máxicas que escribín foron estas: "onnion deep web search" que significan individualmente "cebola profunda web procura".

Así que xa sabedes: somos carne de espías. Por certo que a palabra google ten moito parecido co termo goggle, que significa gafas de buceo en inglés. Curioso.

 

 

 

 

Con estas catro palabras estaba pedíndolle a Google que buscase información non sobre cebolas soterradas senón sobre a cara oculta de Internet, a rede oculta, coñecida no argot coma "deep web", "dark web" ou "onnion". Este lugar caracterízase polo feito de que as súas páxinas non poden ser indexadas por ningún buscador e, polo tanto,  poden albergar contidos ilegais coma venta de drogas, tráfico de armas, venta de obxectos roubados, prostitución, pedofilia, apoloxía do terrorismo, pirateo de películas e música, etcétera. Tamén hai lugar neste espazo para renegados culturais, frikis e ultras. A moeda de intercambio é o bitcoin.

Para entrar na Internet escura necesítase un buscador especial chamado TOR, abreviación de The Onion Router. Este buscador é capaz de descifrar a dirección codificada da páxina e levarnos a través dunha maraña de nodos da Rede para evitar que o servizo sexa rastrexado. Un exemplo de enlace pode ser https://dirnxldxoyajdetq.onion.to que nos levaría ata a hidden wiki, unha wikipedia oculta que recolle información sobre temáticas que poderíamos chamar furtivas ou tabús.

Dise que este lugar é incluso máis grande que a Internet visible e que o FBI de Estados Unidos está intentando indexar as súas páxinas mediante un proxecto que se chama DARPA. Curiosamente DARPA é a continuación de ARPANET, un sistema de información que utilizaba o Pentágono durante a guerra fría e que deu lugar ao Internet actual (ver o enlace https://es.wikipedia.org/wiki/Defense_Advanced_Research_Projects_Agency) . Tamén o Pentágono é o creador do dominio ".onnion". A Naval Research Laboratory estadounidense creou o "sistema de cebola" para navegar de xeito anónimo en 2002. Pero nos últimos anos, o programa ten alcanzado éxito entre os que non queren que os seus datos sexan controlados por corporacións, gobernos ou autoridades: disidentes políticos, activistas, hackers, criminais e fans de todo tipo de aberracións.

O inferno de Internet está simbolizado por unha cebola, imaxe que encaixa perfectamente co que contén: capas que protexen un núcleo oculto e de difícil acceso. Se te achegas un pouco e a rascas, podes chorar.