.....::    fonte.es     2015-08-11
 

O tempo


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 

O supercomputador que teñen os do servizo meteorolóxico nacional volveu a fundir o chip de cálculo en coma flotante. En vez de operar con números reáis traballou con irracionais (máis complexos), e non lle saíron ben as contas. Todos contabamos que hoxe ía chover, a esgalla, para satisfacer a sede do campo. Pero non.

Levanteime cedo para poñer o chuvasqueiro pero non fixo falla. Un sol radiante locía cara dentro do cuarto e, indubidablemente, indicaba que viña outro día de calor abafante, outro máis, e xa van tres meses sen chover !

Sei que algún paisano desta terra xa mercara os nabos para botar na terra das patacas. Porque, pobres tubérculos, non se criaron coa secura. Outros pensaron que xa non tiñan que regar o millo, que xa non parece millo senón herba millá. E por riba están os do chisqueiro vengador, ises que prenden lume nos montes para vengarse do veciño, do concello, da Xunta de Ghalicia ou da nai que os pariu a todos.

Pois nada, neniños: a seguir desfrutando da praia, do río ou do pantano.