.....::    fonte.es     2015-09-11
 

Mar de ardora


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 

Que en Galicia temos un litoral fantástico ninguén o dubida. Aínda máis, as nosas costas son tan encantadoras que brilan de noite. Non me refiro aos estridentes focos luminosos das rúas de pobos e cidades senón a que o mesmo mar brila!

Temos que sumar a nosa terra aos lugares onde se produce este raro fenómeno, máis propio de mares cálidos, que recibe o nome de "mar de ardora".

Pois dous paisanos, Víctor Solís e Xoan Serrano, veñen de fotografar na praia de San Pedro de Carnota este enigmático fenómeno que tamén observaron noutros lugares costeiros da zona neste mes de setembro.

 

mar de ardora

 

O mar de ardora ou ardentía xérase pola bioluminiscencia dunhas micro-algas que pertencen ao grupo dos dinoflaxelados. Estas algas brilan na auga porque as súas células producen un pigmento que, ao oxidarse, emite luz. En xeral estos pigmentos chámanse luciferinas e son diferentes para cada especie. Nestas algas do fitoplancto a sustanza luminiscente é o tetrapirrol.

A causa de que estes organismos presenten bioluminiscencia non se coñece con exactitude. Sospéitase que emiten luz como mecanismo de defensa ante depredadores do zooplancto que, ao inxerilas, volveríanse luminosos, converténdose así en presa fácil doutros animáis de orde superior.

Aquí deixo o enlace ao artigo en La Voz de Galicia onde se deu a coñecer esta noticia.

E, para rematar, déixovos un vídeo onde se explica este fenómeno.