Aí están os labregos cos seus tractores, dificultando o paso nas rúas como protesta polo trato inxusto que reciben. A valoración do seu traballo exprésase nos escasos 27 céntimos que lles pagan polo leite mentres que serían 34 céntimos o mínimo para ter un rendemento positivo. Creo que este problema afecta directamente aos labregos pero realmente estamos todos implicados.
Non quero entrar en debates. Só quero poñervos tres enlaces e un vídeo que deixan bastante claro cal é a ética dos que "controlan" o mercado do leite. Despois xa poderedes mercar en conciencia...
Nota: Precaución, lobos con pel de ovella !!!
Enlace nº1: Declaracións do dono de Leite Río á prensa - Jesús Lence: "Mis pactos con DANONE benefician al ganadero"
Enlace nº2: Documento titulado "Marco ético", que propón a empresa leiteira CAPSA (consorcio que engloba as marcas Central Lechera Asturiana, Larsa, Ato e Innova), como código deontolóxico interno.
Enlace nº3: Multa de 88 millóns de euros a algunhas empresas lácteas por repartirse o mercado e pactar prezos. As empresas sancionadas son a francesa Danone (23,2 millóns de euros), CAPSA-Corporación Alimentaria Peñasanta (21,8 M), Grupo Lactalis Iberia (11,6 M), Nestlé (10,6 M), Puleva Food (10,2 M), Calidad Pascual (8,5 M) e outras con menor cuantía.