.....::
fonte.es
2015-09-23
|
||||||||
As antípodasDesde fai uns días podemos satisfacer unha curiosidade xeográfica, a de saber que hai nas nosas antípodas. Isto é posible grazas á aplicación web que deixo neste enlace ===> http://www.findlatitudeandlongitude.com/antipode-map/
As antípodas de Galicia están na illa de Nova Zelandia, preto de Australia. Estas terras son coñecidas en Occidente dende que chegase alí o holandés Abel Tasman en 1642, e o explorador inglés James Cook en 1769. Pero o que a xente non sabe e que alí xa chegaran os galegos moito antes... Esta afirmación non procede de ningunha fonte sospeitosa. É cousa do investigador australiano Robert Langdon, da Universidade Nacional de Australia en Canberra. Este científico decatouse do parecido que tiñan os "pataka" neozelandeses cos hórreos galegos, aparte da similitude fonética co tubérculo en galego. Neles, os maorís gardaban produtos agrícolas, coma en Galicia. Segundo este autor, os mariñeiros da carabela "San Lesmes" que naufragaron nas augas australianas en 1526 chegaron a tomar contacto coas tribus aborixes aos que lles ensinaron a facer estas construcións. Esta expedición, dirixida polo navegante García Jofre de Loaisa, partira o ano anterior dende A Coruña cun propósito incerto. O curioso do asunto é que aqueles mariñeiros deixaron os seus xens na poboación nativa. Cando os descubridores posteriores chegaron a aquelas terras sorprendéronse dos rasgos occidentalizados dalgúns habitantes, pero non lles deron relevancia. Os argumentos de Langdon para a xenética poden lerse neste artigo. En “The Lost Caravel“, Langdon afirma que o nome dos "pataka" provén directamente do “galician pataca“. Non obstante, non pode referirse ao tubérculo chamado “solanum tuberosum” que hoxe comemos en forma de cachelos. Nomeadamente, porque non se coñecía cando zarpou a “San Lesmes” da Coruña, en 1525. Haberían de pasar 12 anos, ata 1537, para que os conquistadores tivesen diante a pataca por primeira vez no val da Grita, no que hoxe sería Colombia.
O nome non ven da pataca, que non se coñecía, pero si da batata ou dunha moeda
Non obstante, Langdon e outros estudosos cren que podería ser a batata, a “ipomea batatas“, que os españois xa viran no Caribe nas súas primeiras exploracións. E que levaba en Oceanía dende o ano 1000, probablemente por algunha viaxe dende Sudamérica en embarcacións rudimentarias. Outras teorías apuntan a que “Pataka” vén do italiano “patacca“, unha antiga moeda dunha onza. Trátase dun vocábulo moi estendido para moedas de pouco valor. E, por suposto, encaixa coa galega “patacón“. E podería falar das riquezas que se gardaban nestes hórreos.
|