.....::    fonte.es     2016-05-31
 




Alerta polo virus de Endesa


Hoxe chegoume ao buzón de correo electrónico unha mensaxe tipo "factura de Endesa". Eu non son cliente desta compañía polo que xa sospeitei da fraude. Tampouco me pareceu de fiar a dirección do remitente. Por descontado que a cuantía pareceume unha tomadura de pelo...

Así que NIN FARTO DE VIÑO se me ocorreu pulsar sobre o botón "CONSULTAR FACTURA Y CONSUMO", porque de seguido me entraría un VIRUS no ordenador que me secuestraría moita información sensible e, seguramente, deixaríamo inutilizado.

Andade con moito coidado. As facturas poden vir a nome doutras empresas xeralistas das que podemos ser clientes. Sería fácil picar. Quedades avisados.

Virus Endesa