.....::    fonte.es     2016-12-09
 




Mapa da sinistralidade en Galicia en 2015


Galicia é a comunidade española coa maior taxa de sinistralidade laboral rexistrada en 2015. Lugo sitúase en cabeza de incidentes mortais (1,077 cada 100.000 habitantes), sendo só superada esta provincia por Huesca cunha taxa de 1,4.

Galicia, a comunidade con máis sinistralidade laboral relativa

De acordo cos datos da organización sindical, este ano rexistráronse en Galicia 11.513 accidentes laborais, dos que 22 foron mortais; un total de 210, graves; e 11.281, leves. En concreto, das 22 mortes, en A Coruña rexistráronse nove; en Lugo, un total de cinco; en Ourense contabilizouse unha; e en Pontevedra producíronse sete falecementos.

 En 2015 rexistráronse en Galicia 11.513 accidentes laborais, dos que 22 foron mortais, 210 graves e o resto moderados e leves.
 
O sector servizos e o da industria son os que maior contribuen a elevar estas cifras. Quedan por debaixo os incidentes producidos nos sectores da construción e pesqueiro.
 
Pulsando sobre a imaxe poderás acceder ao gráfico onde se amosan os incidentes acontecidos en cada concello de  Galicia en 2014.