.....::
fonte.es
2017-12-09
|
||||||||
Estación de servizo misteriosa en Lugo
Nas aforas da cidade de Lugo, na entrada ao polígono do Ceao pola Estrada da Coruña, hai unha estación de combustible moi peculiar. Para buscala nun mapa de Internet é necesario escribir Cepsa - Los Claveles - Lugo. Deste xeito aparecen dúas estacións, pois a mesma empresa presta servizo aos dous lados da vía.
Se nos achegamos ata alí observaremos que a estación se chama "De paso" en ambas marxes (e non Los Claveles). Pero tamén nos decataremos de que os prezos do combustible non son os mesmos a ambos lados. Na gasolineira que está según saimos de Lugo cara a Coruña o prezo do gasóleo é uns cinco céntimos por litro máis barato ca no outro lado. Coa gasolina pasa o mesmo.
Para saber os prezos do combustible nas diferentes estacións de servizo dunha comarca podedes usar a aplicación "Gasolineras España" do Google Play Store (tamén hai para Iphone en Itunes), e así elixir a que máis vos conveña. Esta aplicación está patrocinada polo Ministerio de Enerxía e Turismo.
|