.....::
fonte.es
2025-03-31
|
||||
Incendios no Xurés, ao norte de PortugalHoxe saín ao balcón da miña casa e vin fumeira no ceo. Pensei na fábrica de "Tableros Hispanos", que estaría facendo das súas e queimando a esgalla nun día anticiclónico, co conseguinte acopio de fume entre a ribeira do Miño e Sarria. Pero non, desta líbranse. A súa exigua cheminea non estaba atafegando aos veciños de Nadela e do Corgo nesta ocasión.
Mirei no mapa que teño nesta web (Mapa de incendios) e xa vin o que era: resulta que volve a arder o Xurés e o fume chega ata as nosas latitudes arrastrado pola lixeira brisa do sur. Os principais focos están circunscritos entre as comarcas de Braga, Vila Real, Chaves e Montealegre. O mesmo problema de todos os anos empeza cedo, que estamos a 31 de marzo! Ao monte non se lle poden poñer cancelas. A proliferación de especies pirófitas coma o eucalipto e o piñeiro, xunto coa despoboación do rural, fan que estes incendios non cesen. A industria da celulosa ten moita responsabilidade nestes estilos de produción forestal que non sempre son percibidos con bos ollos entre a poboación. O monte non arde só, arde porque lle prenden lume. Tantos focos simultáneos teñen que ser provocados por desaprehensivos ou lunáticos que se vingan facendo dano. Algúns pirómanos son tolos que gustan de ver como o lume devora hectáreas de vexetación. Outros xustifican a desfeita argüíndo que "limpan" o monte, que así renovan o solo e escorrentan as alimañas. Outros vínganse das administracións e tamén das grandes empresas forestais porque cren que -en certa medida- lles quitaron o momte e arruinaron o seu estilo de vida. Aquí podedes ver unha foto da fumeira que chegaba moi preto de Lugo a iso das oito da tarde.
En Portugal enquistouse o problema dos incendios. En Galicia imos librando pero non podemos descartar que nos pase coma aos nosos veciños, primeiro porque se seguen plantando especies pirófitas, e segundo porque a administración autonómica non fai nada por regular convenientemente as plantacións extensivas de eucalipto. A moratoria remata este ano e industrias coma Altri tratan de instalarse na nosa comunidade. A miña pregunta é: este é o xeito de conservar o patrimonio natural de Galicia?
Altri NON!
|