.....::    fonte.es     2018-10-30
 

Corenta castañas - 1kg


Compartir en Facebook Compartir en Twitter Compartir por e-mail
 



Cargado ven o outono de viandas: uvas, mazás, millo e castañas. Con acerto di o refrán que a horta no outono mantén ao seu dono. O dito é tanto máis certo canto máis abundante é a colleita. Pero, coma sempre, cada un fala da feira segundo lle vai nela. Sempre hai un fachendoso que se louva para cada laiado que se queixa.

Pois aquí deixo un vídeo no que se ve a un mozo que presume de xuntar un quilo con corenta das súas castañas. Se isto fose así, abondaría con abaixarse 20 minutos para apañar un bo cesto de 10 kg de castañas. Se pagasen as castañas a razón de dous euros por quilo, ganariamos 20 euros en 20 minutos... Haberá que facerse con esa raza de castiñeiros para plantar un souto coma é debido, digo eu...