.....::
fonte.es
2019-04-19
|
||||
Nubes hipnóticas en LugoHoxe pola tarde capturei esta "cámara rápida" ou "time lapse" onde se ven unhas nubes moi peculiares. Son estratos que se moven dun xeito especial. Van en distintas direccións segundo a altura á que se mire.
As máis baixas fórmanse e descompóñense sen case moverse do sitio, coma se o vento non as puidera levar. Creo que se chaman nubes estacionarias. As da parte superior, que viaxan cara o oeste, parece como se se arrastrasen con dificultade sobre as inferiores, quedando enganchadas nelas. Despois, contra o final do vídeo, as de abaixo corren cara o sur mentres as de arriba seguen movéndose cara o oeste. Por momentos parece que se cruzan coma fantasmas, sen chocar unhas coas outras.
|