.....::    fonte.es     2021-08-26
 




Praias de Pedra do Sal, Baldaio e Razo


Na galería que aparece a continuación pódese apreciar a beleza das praias e a contorna do litoral areoso de 5 quilómetros de extensión situado en territorio carballés, na Costa da Morte, provincia de A Coruña.

 

O conxunto de praias, marismas e lagoa constitúe un brañal único en Galicia pola riqueza natural que posúe. O visitante atópase nunha fronteira de loita entre o feroz océano e o bravo continente, chea de contrastes, de detalles labrados polas intensas forzas que entraron en colisión fai milleiros de anos e chegaron a un punto de equilibrio maxestoso.

 

O mar invita ao baño e ao paseo reflexivo. A natureza acompaña, máis aínda contra o solpor, onde o mundo represéntase coma un conto de fadas.

 

 

 

 

 

E aquí compartimos unha fantástica imaxe panorámica de 360º que foi enlazada dende Google Maps.