.....::
fonte.es
2016-01-02
|
||||
Unha terra brillanteA finais de verán de 2015 un fenómeno espectacular chegou ás costas galegas. Só se puido ver de noite e só durante un par de días. Foi o mar de árdora. Pero non só reluce a costa de Galicia, tamén brilla o seu interior... o interior da terra... Gallaecia fulget, como dicía o disco de Milladoiro. Cóntovos o que me pasou un destes días na miña casa da aldea. Resulta que se me estaba facendo de noite mentres sachaba un anaquiño de terra na horta. Tiña présa porque quería ir cear e deixar preparado o sementeiro. E vin isto. Vin como brillaba a terra en diversos lugares, entre 5 cm e 20 cm de profundidade. Ao principio pensei que sería algún tipo de bacteria fotoluminiscente. Collín unhas mostras e metinas nun bote. O efecto durou unha hora pero cesou. Observando con calma o contido do frasquiño puiden ver un leve movemento dun verme querendo apartar terra. Efectivamente, tratábase dunha pequena miñoca (lumbricus terrestris?) que estaba emitindo luz pola parte posterior... Pois aínda non sei se o efecto da bioluminiscencia se debía a este animal ou a algún tipo de bacteria que lle axuda e dixerir os detritos que pasan polo seu intestino. Tampouco sei para que un bicho subterráneo necesita emitir luz... non lle vexo ningunha vantaxe evolutiva. Tal vez fose unha mini "Santa Compaña" de miñocas... Hai cinco razóns aceptadas para a bioluminiscencia: O pigmento que produce este fenómeno chámase luciferina e brilla cando se oxida. Por iso todos estes organismos teñen que repoñer no seu metabolismo a luciferina degradada. |